Convocan en Sancovade un curso sobre plantas silvestres

TerraChaXa
Está organizada pola Asociación A Estruga e a Asociación de Veciños
plantas-bioindicadoras
16 Apr 2025

O vindeiro 19 de abril terá lugar na Casa Escola de Frouxeira unha xornada formativa titulada Plantas Silvestres, organizada pola Asociación A Estruga e a Asociación de Veciños Santiago de Sancovade.

Esta actividade ofrecerá unha introdución ás plantas silvestres da contorna, centrada na súa identificación, usos e preparados tradicionais. O curso desenvolverase en dúas sesións: pola mañá de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde de 16:00 a 18:00 horas.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar con Almudena (698 185 859) ou Lucía (651 478 916).

⚙ Configurar cookies
0.12390995025635