Convocan en Vilalba unha reunión informativa sobre adopcións de pequenos
TerraChaXa
O Concello de Vilalba en colaboración coa Asociación Meniños está a participar nunha campaña de difusión para adopción de pequenos co obxectivo de atopar unha familia para aquelas nenas e nenos galegos que están á espera dunha.
12 Nov 2019

Así, veñen de convocar unha sesión informativa para a resolución de dúbidas o mércores 20 de novembro ás 16:30 horas no IES Santiago Basanta Silva, centro que pon á disposición o salón de actos para este encontro.
Os interesados en contactar coa Fundación poden facelo a través do número 981 269 955 ou visitando a web www.meninos.org.