Convocan nas Pontes un campamento de vela

TerraChaXa
Haberá quendas de mañá e de tarde, ademais das de día completo
campamento-vela-as-pontes
Cartel
24 Xuño 2024

Coa chegada das vacacións verán chegan un ano máis os campamentos de vela organizados polo Club de Vela Fluvial As Pontes no lago.

Son campamentos semanais de luns a venres. Con opción de renovar ou repetir campamento cantas veces se desexe.

Habera unha queda de mañá, de 10.00 a 14.00 horas ou de quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Como novidade este ano tamén haberá opción de campamento de día completo, tamén semanal de luns a venres, en horario de 10.00 a 20.00 horas. Con xantar de mediodía incluído.

Os organizadores disporán de transporte de recollida e retorno dos nenos aos seus domicilios a cargo do Club (furgoneta).

0.10163688659668