Convocan obradoiros de cestería na Casa das Insuas con Idoia Cuesta

A Casa das Insuas de Rábade organiza dúas actividades relacionadas coa cestería nas que se contará coa colaboración da cesteira Idoia Cuesta. Estes obradoiros ofrecen unha oportunidade única para achegarse a esta arte tradicional e crear pezas únicas.
O sábado 22 de febreiro terá lugar o obradoiro de Cestería con Vimbio Vivo, de 10:00 a 14:00 horas. Durante esta sesión, as persoas participantes utilizarán varas de poda aínda vivas para confeccionar unha estrutura de vimbio nunha maceta, que poderán levar consigo. O prezo é de 45 euros, reducido a 40 para persoas socias da AGCT e/ou empadroadas en Rábade.
Os días xoves 27 e venres 28 de marzo desenvolverase o obradoiro de Cestería con Cortiza, de 16:00 a 19:00 horas. Neste caso, as participantes levarán para casa as súas propias creacións. O prezo é de 65 euros, reducido a 60 para persoas socias da AGCT e/ou empadroadas en Rábade.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse escribindo a: casadasinsuas@gmail.com.