Convocan para o 11 a ruta cabalar San Isidro en San Simón

TerraChaXa
O 11 de maio terá lugar a segunda edición da Ruta Cabalar San Isidro de San Simón da Costa, que dará comezo ás 10.
ruta cabalar san isidro portada
4 Maio 2024

O 11 de maio terá lugar a segunda edición da Ruta Cabalar San Isidro de San Simón da Costa, que dará comezo ás 10.15 despois da recepción e un almorzo compartido.

A metade de camiño pararán a comer uns petiscos e haberá agasallos para todos os participantes na ruta. As persoas interesadas en anotarse deberán facelo con Adrián (658 147 352) e Roberto (663 491 176) antes do 8 de maio.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.

0.15015387535095