Convocan un concurso para o deseño do cartel da Feira do Grelo das Pontes
O Concello das Pontes vén de convocar un concurso para o deseño da imaxe do cartaz oficial da 40ª edición da Feira do Grelo, que se celebrará os días 22 e 23 de febreiro de 2020.
Este concurso, no que poden participar tanto persoas físicas como xurídicas, de forma individual ou en equipo, ten como obxectivo elexir a imaxe oficial da Feira do Grelo que será empregada na campaña de difusión informativa e publicitaria desta cita gastronómica pontesa.
As bases do concurso, cuxo cartaz gañador recibirá un premio de 750 euros, esixe que os traballos sexan orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e poderán ser elaborados mediante calquera técnica ou procedemento artístico.
As persoas que participen neste concurso de cartazes deberán presentar as súa obras nun dispositivo de almacenamento USB e achegarán, obrigatoriamente, un sobre pechado cun documento no que figuren o seus datos persoais (nome, apelidos, dirección, teléfono,correo electrónico e datos que poidan facilitar o contacto co gañador/a) así como una fotocopia do seu DNI ou pasaporte.
Ademais deberán incluir tamén una declaración xurada na que indiquen que o traballo é orixinal e inédito e que non foi presentado a ningún outro concurso así como unha declaración responsable de non ter débedas coas administracións públicas.
O prazo de presentación dos traballos comezará ao día seguinte da publicación destas bases no BOP da Coruña e finalizará o 27 de xaneiro de 2020, ás 14:00 horas e os traballos poderán presentarse no rexistro municipal do Concello das Pontes, en horario de maña, ou por correo postal.
Para a recepción dos traballos por correo postal soamente serán admitidos os que se reciban ata o 29 de xaneiro, sempre que fose enviado dentro do prazo establecido e se acredite o envío do traballo por correo electrónico ao enderezo cultura@aspontes.org, axuntando o acuse de recibo de correos ou axencia de transporte, xunto co lema que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do xurado.
Os traballos presentaranse no rexisto ou enviaranse por correo postal debidamente embalados ao seguinte enderezo: Concello de As Pontes. Concurso de carteis Feira do Grelo 2020. Parque Municipal s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
A persoa gañadora deberá, posteriormente, presentarar diferentes adaptacións do cartaz deseñado (adaptacíon coa inserción do programa de actividades da Feira do Grego, deseño dun tríptico informativo (A4) e adaptación do deseño para soportes dixitais) segundo as características establecidas polo Concello das Pontes.