Convocan un concurso para o deseño do cartel do certame 'Que bo estás, Guitiriz'

TerraChaXa
A Asociación de Bares de Guitiriz prepara un concurso de carteis para o VIII concurso de tapas Que bo estás, Guitiriz.
17 Xan 2020

A Asociación de Bares de Guitiriz prepara un concurso de carteis para o VIII concurso de tapas Que bo estás, Guitiriz.
O cartel deste concurso terá que reflectir o espíritu e a temática da tradicional exaltación gastronómica guitiricense.
Os traballos deberán ser en A3 e conter os textos Que bo estás, Guitiriz, VIII Concurso de Tapas e  do 5 ó 15 de marzo.
Poderán presentarse na Casa Nistal de Guitiriz ata o 31 de xaneiro, ou remitirse por correo electrónico a info@debares.org.
A forma de presentación será ben en soporte dixital ou físico, e o agasallado será premiado con 120 euros en metálico, ademais de poder degustar todas as tapas gratis para el e un acompañante.
Este concurso trátase dun dos máis exitosos da provincia, xa que os locais teñen unha media de mil tapas por negocio en cada edición, chegando nalgúns casos a subir de dúas mil racións.
 

0.19107294082642