Convocan un curso de cestería de madeira na Casa das Insuas

TerraChaXa | LugoXa
A Casa das Insuas continúan coas actividades de artesanía galega coa convocatoria dun novo obradoirode cestería de láminas de madeira.
curso cesteria rabade madeira portada
22 Mar 2022

A Casa das Insuas continúan coas actividades vinculadas coa artesanía galega coa convocatoria dun novo obradoiro, nesta ocasión avanzado de cestería de láminas de madeira a cargo do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas.

Fillo e neto de cesteiros, Enrique amosará toda a técnica necesaria para elaborar unha cesta tradicional de mariscar con láminas de madeira.

Este curso terá lugar o sábado 2 e domingo 3 de abril, de 10:30 a 14:30 e de 16 a 20h (cun total de 16 horas) na Casa das Ínsuas en Rábade.

Será necesaria inscrición previa no teléfono 686 701 644 e o prezo do curso será de 150 euro para socios da Asociación Galega de Custodia do Territorio e de 160 para o resto.

As prazas son limitadas polo que abrirase lista de espera e valorarase experiencia previa en cestería.

0.1879940032959