Convocan un curso de memoria en Árbol

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza un Taller de Memoria gratuíto para persoas maiores, en colaboración co Concello. A iniciativa, orientada a mellorar a saúde cognitiva dos maiores da comunidade, dará comezo o venres 14 de novembro.
As sesións terán lugar na Escola do Santo a partir das 16.00 horas e as prazas son limitadas, dando prioridade aos socios da asociación. Os interesados en participar poden inscribirse contactando con Bea no número 617 626 003.
Esta actividade gratuíta ofrece unha oportunidade para que os maiores exerciten a súa memoria e compartan momentos de aprendizaxe e socialización, nun ambiente ameno e adaptado ás súas necesidades.