Convocan un curso de memoria en Árbol
A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza un Taller de Memoria gratuíto para persoas maiores, en colaboración co Concello. A iniciativa, orientada a mellorar a saúde cognitiva dos maiores da comunidade, dará comezo este martes, 5 de novembro, e continuará todos os martes dos meses de novembro e decembro.
As sesións terán lugar na Escola do Santo en horario de 17:30 a 18:30, e as prazas son limitadas, dando prioridade aos socios da asociación. Os interesados en participar poden inscribirse contactando con Bea no número 617 626 003 ou con Paula no 655 582 171.
Esta actividade gratuíta ofrece unha oportunidade para que os maiores exerciten a súa memoria e compartan momentos de aprendizaxe e socialización, nun ambiente ameno e adaptado ás súas necesidades.