Convocan un curso en Begonte sobre nutrición e alimentación consciente

TerraChaXa
Tamén se abordarán os retos de alimentar aos nenos e nenas de maneira equilibrada, con propostas de menús saudables
almorzo-saudable-alimentos-comida
21 Sep 2025

A Casa da Cultura de Begonte acollerá o vindeiro martes 23 de setembro un curso dedicado á nutrición e á alimentación consciente. A actividade desenvolverase en horario de 16.00 a 21.00 horas e busca fomentar hábitos saudables e unha maior conciencia sobre o que comemos.

O programa inclúe unha introdución á alimentación consciente a través dunha presentación teórica en PowerPoint, a proxección dun vídeo sobre a importancia dunha boa nutrición e unha discusión grupal na que as persoas participantes poderán compartir as súas experiencias, especialmente en relación coa dieta dos máis pequenos.

Tamén se abordarán os retos de alimentar aos nenos e nenas de maneira equilibrada, con propostas de menús saudables que teñan en conta a sustentabilidade, o consumo de produtos de proximidade e outras boas prácticas. Finalmente, realizarase unha práctica de alimentación consciente, por exemplo degustar unha peza de froita con plena atención.

As inscricións poden realizarse a través do teléfono 982 396 143. O curso está organizado polo Concello de Begonte en colaboración coa Xunta de Galicia, Cruz Vermella e AFAMMER.

⚙ Configurar cookies
0.085937023162842