Convocan un curso en Muimenta para falar de mobilizacións e traslados de dependentes
TerraChaXa
As persoas que desexen participar poden facelo inscribíndose de balde
Cartel do curso
20 Maio 2024
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organiza unha formación en mobilizacións e traslados de persoas dependentes, que se realizará o 24 de maio, entre as 16.00 e as 20.00 horas no centro médico de Muimenta.
As persoas que desexen participar poden facelo inscribíndose de balde na Mercería Teresa.
Na sesión informarase das claves básicas para mover mellor a quen precisa axuda. Estará ao cargo de Alfalu.