Convocan un curso gratuíto de plantas aromáticas e medicinais en Saldanxe

TerraChaXa
Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas interesadas no coñecemento e aproveitamento das propiedades destas plantas
curso-de-plantas-aromaticas
22 Mar 2025

O Sindicato Labrego Galego e COAG organizan un curso gratuíto sobre plantas aromáticas e medicinais, que terá lugar os días 5, 12 e 13 de abril en Saldanxe (A Pastoriza). As sesións desenvolveranse de 9:00 a 13:00 horas na dirección A Torre, Nº2 e impartidas por María Frá Bagaria.

O curso está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas interesadas no coñecemento e aproveitamento das propiedades destas plantas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando aos teléfonos 982 33 17 14 ou 604 02 78 86 ou enviando un correo electrónico a lugo@sindicatolabrego.gal.

A actividade está financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e conta coa colaboración da Asociación Amuruxe.

⚙ Configurar cookies
0.22521615028381