Convocan un novo curso de elaboración de pan empanadas en Pol
LugoXa | TerraChaXa
O evento incluirá un aperitivo, unha degustación de empanadas e outros produtos locais e rematará cunha xuntanza
11 Dec 2024
O vindeiro 14 de decembro de 2024 celebrarase un curso especial de elaboración de pan e empanadas no forno de leña, organizado por Casa Chaín, situada na parroquia polense de Cirio.
Durante a xornada, os asistentes aprenderán a amasar pan e empanadas seguindo técnicas tradicionais, preparar o forno de leña e finalmente cocer os produtos elaborados.
Ademais, o evento incluirá un aperitivo, unha degustación de empanadas e outros produtos locais acompañados de viño da terra, e rematará cun café e unha xuntanza para compartir experiencias.
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente a través do WhatsApp no número 655 359 305.