Convocan un obradoiro de queixería e produtos lácteos na Pastoriza
TerraChaXa
A Pastoriza acollerá un taller de queixería e produtos lácteos nas aulas de formación da nave municipal do polígono industrial.
22 Mar 2023
A Pastoriza acollerá a final deste mes un taller de queixería e produtos lácteos nas aulas de formación da nave municipal do polígono industrial.
As clases serán os días 29, 30 e 31 e o horario de 15.30 a 19.30 horas.
Os asistentes aprenderán a pareparar calladas, iogures e queixo de pasta láctea, queixo cru, semicurado e queixo fresco. Tamén aprenderán diferentes acabados para unha pasta láctea e a facer manteiga.
O prazo de inscrición para o curso remata este xoves, 23 de marzo e esta debe facerse chamando ao Concello no teléfono 982 332 197 (Mariluz).
A formación es gratuíta.