Convocan un obradoiro sobre o acceso en liña aos servizos do Sergas para a cidadanía

O martes 28 de outubro de 2025, celebrarase en Castro Ribeiras de Lea un obradoiro práctico sobre o acceso online aos servizos do Sergas, dirixido á cidadanía que desexe aprender a utilizar esta ferramenta dixital. A actividade terá lugar no local da antiga escola (fronte á Caseta do Polbo), en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Durante a sesión explicaranse aspectos como o funcionamento da plataforma, o proceso para darse de alta e acceder —incluíndo os distintos tipos de acceso dispoñibles—, así como as súas utilidades, servizos e contidos. Ademais, o alumnado poderá realizar exercicios prácticos de manexo, co obxectivo de facilitar o uso autónomo da aplicación.
As inscricións están abertas ata o 21 de outubro de 2025 e poden formalizarse a través da web da Escola Galega de Saúde (https://escolasaude.sergas.es), por correo electrónico en prevencondrogas@rabade.org ou chamando ao teléfono 982 39 00 62 (María Barreiro). As persoas interesadas deberán facilitar nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico.
O obradoiro está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias, en colaboración cos Concello de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, e coa Xunta de Galicia.
Esta iniciativa pretende achegar a saúde dixital á cidadanía, ofrecendo ferramentas útiles para acceder a trámites e servizos sanitarios de forma rápida e segura.