Convocan unha asemblea en Parga para estudar a proposta de Adif

TerraChaXa
#Parganonsedivide mantivo unha reunión coa alcaldesa de Guitiriz para tratar a proposta de ADIF para a supresión dos pasos a nivel.
cartel supresion pasos nivel parga
21 Abr 2021

Tres membros da plataforma veciñal #Parganonsedivide mantiveron unha reunión coa alcaldesa de Guitiriz Marisol Morandeira para tratar a nova proposta de ADIF para a supresión dos pasos a nivel.

Esta consistiría na construción dun vial para vehículos cun paso superior á vía que sairía da finca da serra de Santalla que pasaría entre a depuradora e as casas e remataría no PPO.

Parganonsedivide mostrouse "disposta a estudar calquera opción, como non pode ser doutro xeito, sempre e cando o pobo non quede dividido en dúas metades. E non semella que esta proposta cumpla ese obxectivo".

En todo caso, serán os veciños e veciñas de Parga e arredores os que decidan e, para iso, Parganonsedivide organiza unha asemblea aberta este sábado ás sete da tarde no pavillón do colexio de Parga para analizar esta proposta e definir a postura da vila de Parga.

cartel asemblea parga adif
0.18050098419189