Convocan unha asemblea en Xermade da comunidade enerxética

A veciñanza de Xermade está citada este xoves, 20 de marzo, ás 12.00 horas, a unha asemblea ordinaria da Asociación XErando, a Comunidade Enerxías Renovables de Xermade.
Esta terá lugar no CEIP Plurilingüe de Xermade, na avenida das Pontes.
A Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) comunicou ao Concello de Xermade que foi seleccionalo como concello piloto do proxecto CEL Rural, para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética rural.
Nunha primeira fase a Fegamp convidou aos 240 concellos cualificados como zonas pouco poboadas a presentar a súa candidatura. Foron presentadas 32 candidaturas. O 19 de abril a Fegamp acordou preseleccionar a 12 concellos, atendendo ás puntuacións acadadas nos criterios de selección, aos que se lles solicitou documentación xustificativa a fin de axustar as puntuacións iniciais. O Concello de Xermade acadou a puntuación máis alta (200 puntos) e resultou o máis adecuado para implementar o proxecto piloto.