Convocan unha asemblea extraordinaria en Xermade da comunidade enerxética

TerraChaXa
O obxecto desta xuntanza é informar da concesión dunha subvención solicitada ao IDAE no mes de outubro do ano pasado e decidir se se acepta ou se renuncia a ela
lámpadas-iluminación
Iluminación
1 Oct 2025

A veciñanza de Xermade está citada este xoves, 2 de outubro, ás 19.00 horas, a unha asemblea extraordinaria da Asociación XERando, a Comunidade Enerxías Renovables de Xermade.

Esta terá lugar no CEIP Plurilingüe de Xermade, na avenida das Pontes

O obxecto desta xuntanza é informar da concesión dunha subvención solicitada ao IDAE no mes de outubro do ano pasado e decidir se se acepta ou se renuncia a ela

A Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) comunicou ao Concello de Xermade que foi seleccionalo como concello piloto do proxecto CEL Rural, para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética rural.

Nunha primeira fase a Fegamp convidou aos 240 concellos cualificados como zonas pouco poboadas a presentar a súa candidatura. Foron presentadas 32 candidaturas. O 19 de abril a Fegamp acordou preseleccionar a 12 concellos, atendendo ás puntuacións acadadas nos criterios de selección, aos que se lles solicitou documentación xustificativa a fin de axustar as puntuacións iniciais. O Concello de Xermade acadou a puntuación máis alta (200 puntos) e resultou o máis adecuado para implementar o proxecto piloto.

⚙ Configurar cookies
0.086030960083008