Convocan unha reunión en Roupar para a informar sobre a comunidade enerxética

TerraChaXa
Esta terá lugar na Escola Habaneira o sábado 8 de marzo, ás 12.00 horas
lámpadas-iluminación
Iluminación
7 Mar 2025

A veciñanza de Roupar está citada este sábado, 8 de marzo, ás 12.00 horas, a unha reunión informativa sobre a constitución da comunidade enerxética local.

Esta terá lugar na Escola Habaneira e nela farase unha exposición sobre o proxecto piloto CEL-Rural.

A Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) comunicou ao Concello de Xermade que a Xunta de Voceiros acordou seleccionalo como concello piloto do proxecto CEL Rural, para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética rural.

Nunha primeira fase a Fegamp convidou aos 240 concellos cualificados como zonas pouco poboadas a presentar a súa candidatura. Foron presentadas 32 candidaturas. O 19 de abril a Fegamp acordou preseleccionar a 12 concellos, atendendo ás puntuacións acadadas nos criterios de selección, aos que se lles solicitou documentación xustificativa a fin de axustar as puntuacións iniciais. O Concello de Xermade acadou a puntuación máis alta (200 puntos) e resultou o máis adecuado para implementar o proxecto piloto.

O Concello de Xermade está traballando na creación dunha Comunidade Enerxética Local (CEL) dende primeiros do ano pasado, e a tal fin solicitou a liña de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para este fin.

⚙ Configurar cookies
0.068905115127563