Convocan unha xuntanza informativa en Abadín sobre a nova mina na zona
O Sindicato Labrego Galego informou sobre unha solicitude para a explotación dunha nova mina no concello de Abadín. Ante esta situación, convocaron unha xuntanza informativa que se celebrará o este xoves 16 de xaneiro ás 16:00 horas no Local Social de Candia (Abadín).
A iniciativa busca informar á veciñanza sobre o proxecto mineiro e as súas posibles implicacións no territorio, así como promover o debate arredor do seu impacto social, ambiental e económico. Co lema #NonÁMina #SiÁVida #AMinaContamina, a organización amosa o seu rexeitamento ao proxecto e reforza o seu compromiso coa protección do medio ambiente e das comunidades rurais.
Para máis información, o Sindicato Labrego Galego puxo a disposición dos interesados os teléfonos 982 512 431 e 659 985 308, ademais do correo electrónico vilalba@sindicatolabrego.gal.
A convocatoria busca fomentar a participación veciñal na defensa do territorio e advertir sobre os riscos asociados a esta explotación mineira na comarca da Terra Chá.