Convocatoria aberta en defensa dos servizos públicos e a sanidade de calidade en Vilalba

TerraChaXa
A veciñanza está chamada a participar nun encontro organizado polo SLG o domingo ás 16.00 horas
encuentro-sanidade-vilalba
31 Jan 2025

Este domingo, 2 de febreiro, terá lugar unha asemblea comarcal aberta no Hostal Restaurante Terra Chá, situado na rúa Domingo Goás, número 10, en Vilalba. O encontro, organizado polo Sindicato Lagrego Galego, comezará ás 16:00 horas e busca sumar voces na loita por unha sanidade pública de calidade e uns servizos públicos dignos, baixo o lema: "Sen coidados non hai dignidade".

Organizada co obxectivo de fortalecer a unión na defensa dos dereitos sociais, a convocatoria chama á participación de todas as persoas interesadas en debater, propoñer e sumar esforzos.

Para máis información, pódese contactar a través do teléfono 982 512 431 ou 659 985 308, ou mediante correo electrónico en margaridaprieto@sindicatolabrego.gal.

0.12372303009033