Corbelle celebra ao "grande" as súas patronais

TerraChaXa
A parroquia de Corbelle en Vilalba, celebrará as súas festas na honra a San Bartolomé os días 23, 24 e 25 de agosto.
67770532_407112133244824_3084889182661771264_o
22 Ago 2019

A parroquia de Corbelle en Vilalba, celebrará as súas festas na honra a San Bartolomé os días 23, 24 e 25 de agosto.

As festas darán comezo o 23 cunha degustación do balde de bolo preñado máis grande da Terra Chá e da empanada de mazás máis de Galicia.

Xa pola noite haberá acctuacións musicais co grupo Eureka e Pili Pampín.

O sábado 24, haberá misa ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú co Grupo Fusión e seguido do grupo de gaitas Son da Aldea.

Pola noite, este mesmo o Grupo Fusión será o encargado de amenizar a verbena, na que estará acompañada por Fania Blanco e King África.

O domingo 25, o programa relixioso comezará tamén ás 13:30 horas pero será cantada pola coral de Riotorto. O grupo Élite será o encargado da sesión vermú. E xa pola tarde a haberá unha festa infantil que rematará coa festa da escuma.

0.14746499061584