Corbelle celebra os días 21 e 22 as súas festas patronais na honra de San Xosé

TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Corbelle celebrará os días 21 e 22 de marzo as súas festas patronais na honra a San Xosé.
corbelle
2 Mar 2020

A parroquia vilalbesa de Corbelle celebrará os días 21 e 22 de marzo as súas festas patronais na honra a San Xosé. As celebracións darán comezo o sábado pola mañá, ás 13.30 horas co celebración da misa maior cantada pola coral Luar de Vilalba. Serguirá a sesión vermú a cargo do dúo Explosión e rematar a xornada coa verbena na que estarán Cinema e Satélites.

O domingo volverán as celebracións relixiosas á memsa hora e a sesión vermú estará ao cargo de Os Adrianos, actuación que porá o punto e final ás festas.

Previamente, o día 19 alumnos de todas as xeracións da escola de Corbelle están citados a unha xuntanza de confraternidade, que contará como acto centro cun xantar no campo da festa da parroquia.

O xantar, estará servido por bar Rochela e consistirá en empanada de liscos e zorza, paella, churrasco mixto, postre, viños, refrescos, café e chupito. Ten todo un prezo de 23 euros para adultos e de 12 para nenos de 7 a 11 anos. Os pequenos comerán de balde.

O obxectivo desta xuntanza é lembrar os tempos pasados e os compañeiros de xogos desta escola.

A xornada, que se desenvolverá nunha carpa climatizada no campo da festa, estará amenizada polo dúo Suso.

O prazo para anotarse é ata o 10 de marzo a través dos teléfonos da organización: 655 313 096 e 636 697 929.

Paralelamente a esta actividade terá lugar a I Xuntanza de alta montaña de coches, motos e tractores antigos que están convocados ás 10.00 horas no campo da festa, onde tomarán un café e un pincho. Sairán por Corbelle, Samarugo, San Simón (con parada no Riveira e no Balado), Goiriz e volta. Durante o traxecto pararán a tomar un apertivo en San Simón.

Participarán no mesmo xantar que os ex alumnos da escola cos mesmos prezos e prazo de inscrición. Ademais, recibirá un premo o vehículo que máis guste (por votación) e haberá trofeos ao coche, moto e tractor máis antigos.

Os vehículos estarán expostos durante toda a tarde no mesmo lugar da xuntanza.

0.09172797203064