Corbelle celebra unha sardiñada popular este sábado

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Corbelle, en Vilalba, celebrará este sábado unha cea popular con baile na que poderán participar os socios.
sardinada-popular-corbelle-portada
14 Xuño 2023

A Asociación de Veciños de Corbelle, en Vilalba, celebrará este sábado, 17 de xuño, unha cea popular con baile na que poderán participar todos os socios e socias.

A cea consistirá nunha sardiñada para a que é preciso anotarse con anterioridade.

A festa dará comezo ás 21.30 horas e estará amenizada polas actuacións musicais de Santín e María Barral.

0.20724391937256