Corbelle celebra unha sardiñada popular este sábado

A Asociación de Veciños de Corbelle, en Vilalba, celebrará este sábado unha cea popular con baile na que poderán participar todos os socios e socias.
A cea consistirá nunha sardiñada para a que é preciso anotarse con anterioridade.
A festa dará comezo ás 21.00 horas.