Corbelle celebra unha sardiñada popular este sábado
									TerraChaXa								
			A festa dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada polas actuacións musicais do dúo Pedriñas
 					
					
14 Jun 2024
			
				A Asociación de Veciños de Corbelle, en Vilalba, celebrará este sábado, 15 de xuño, un xantar popular con baile na que poderán participar todos os socios e socias.
A cea consistirá nunha sardiñada para a que é preciso anotarse con anterioridade nos teléfonos 696 451 692, 690 795 015 e 636 697 929.
A festa dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada polas actuacións musicais do dúo Pedriñas.
