Corbelle da Pastoriza celebra as súas patronais
TerraChaXa
A localidade de San Martín de Corbelle, na Pastoriza, celebra este sábado, 12 de novembro, as súas festas patronais.
11 Nov 2022
A localidade de San Martín de Corbelle, na Pastoriza, celebra este sábado, 12 de novembro, as súas festas patronais.
As festas arrancarán cunha comida veciñal hoxe venres, ás 22.00 horas, servida por Chao da Brea, á que seguirá unha verbena a cargo do dúo Venus.
O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 horas con misa e procesión, acampñada esta de gaitas galegas. O apartado musical estará a cargo de Fussion, en sesión vermú e verbena.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.