Corbelle, en Vilalba, estará de festas desde o venres

TerraChaXa
A programación contará xa o venres coa empanada de mazá máis grande de Galicia e cunha actuación musical
fogos-artificiais-festas-patronais
Imaxe de arquivo
18 Ago 2024

A localidade de Corbelle, en Vilalba, celebrará a fin de semana do 23 ao 25 as súas festas patronais na honra de San Bartolo.

A programación contará xa o venres 23 coa empanada de mazá máis grande de Galicia, ademais de bolos preñados, e coa actuación do dúo Eclipse, que amenizarán a xornada festiva da verbena.

O sábado o programa dará comezo ás 13.00 cunha misa e procesión. A sesión vermú e a verbena estarán ao cargo do grupo Stereo e Madastur.

O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora e, pola tarde, será a quenda dos nenos, con Puzzle Animación para facer a festa da escuma.

 

0.13344883918762