Corbelle inicia as festas de San Antón cunha comida veciñal este sábado
A parroquia de Corbelle, na Pastoriza, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 8 e 9 de xuño na honra a San Antón.
A celebración dará comezo xa o día 1, sábado, coa celebración dun xantar veciñal a partir das 22.00 horas. A este seguirá unha verbena coa actuación do dúo Venus e un sorteo de agasallos.
O día 8 haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Galilea. Pola noite a verbena contará tamén con esta orquestra e o Combo Dominicano co seu Adrenalina Tour 2024.
O domingo 9 continuarán os oficios relixiosos ás 14.00. horas. O grupo Fénix será a encargado do apartado musical na sesión vermú prolongada que porá fin á festa.
A organización colocará unha carpa no campo da festa para posibles inclemencias meteorolóxicas. Tamén haberá coches de choque.