Corbelle inicia as festas de San Antón cunha comida veciñal este sábado

A parroquia de San Martín de Corbelle, na Pastoriza, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 7 e 8 de xuño na honra a San Antón.
A celebración dará comezo xa este sábado 31, coa celebración dun xantar veciñal a partir das 22.00 horas. A este seguirá unha verbena coa actuación do dúo Óbice e colchonetas de balde para os nenos.
O día 7 haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Trébol. Pola noite a verbena contará tamén con esta orquestra e París de Noia.
O domingo 8 continuarán os oficios relixiosos ás 13.30. horas. A orquestra Solymar será a encargada do apartado musical na sesión vermú prolongada que porá fin á festa.
A organización colocará unha carpa no campo da festa para posibles inclemencias meteorolóxicas.