Corbelle inicia esta tarde as súas patronais
A parroquia de Corbelle, en Vilalba, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Bartolomé.
Os festexos darán comezo o venres 24, á partir das 21.30 horas co disparo das bombas de palenque e o acendido do alumeado.
Ás 22.30 horas, presentarase o "bolo
preñado máis grande nunca elaborado", que estará a cargo da Panadería Martiñan. A continuación terá lugar unha chourizada e liscada gratis para todos.
A parte musical en verbena estará a cargo do Dúo Suso e Los Supremos.
O sábado, tras o lanzamento das bombas de palenque, dará comezo a misa, ás 13.30, que estará cantada pola Coral Luar de Vilalba. Tras a procesión, haberá sesión vermú a cargo de Los Españoles. Pola noite esta orquestra estará na verbena xunto ao grupo Pasión.
O domingo, último día de celebración, haberá novamente misa ás 13.30 seguida de procesión ata o campo da festa, que estará acompañada por Campeiro Suso e o grupo de gaitas Son de Luch. Tras esta haberá sesión vermú con Mar de Arosa e co sorteo de tres cestas. Rematarán as festas cun festa infantil no campo da festas.