Corbelle, na Pastoriza, abre as patronais cun xantar veciñal
TerraChaXa
A parroquia de Corbelle, na Pastoriza, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 8 e 9 de xuño na honra a San Antón.
29 Maio 2019
A parroquia de Corbelle, na Pastoriza, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 8 e 9 de xuño na honra a San Antón.
A celebración dará comezo xa o día 1, sábado, coa celebración dun xantar veciñal a partir das 21.30 horas.
O día 8 haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Nevada Band. Pola noite a verbena contará tamén con esta orquestra e París de Noia.
O domingo 9 continuarán o oficios relixiosos á mesma hora. A orquestra Alianza será a encargada do apartado musical na sesión vermú e na verbena.
A organización colocará unha carpa no campo da festa para posibles inclemencias meteorolóxicas.