Corbelle prepárase para as festas de San Xosé este sábado

A parroquia de Corbelle, en Vilalba, celebra este ano as tradicionais festas de San Xosé cunha programación chea de música e entretemento para todos os públicos. O evento terá lugar o sábado 21 de marzo e contará cunha variada oferta musical.
As festividades comezarán ás 13:30 horas cunha misa seguida dunha procesión e a xa clásica sesión vermú amenizada polo grupo Fénix. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena na que volverá actuar o grupo Fénix xunto co dúo Venus e a atracción de Ruth Cundins, que presenta o seu espectáculo para 2026.
O evento contará cunha carpa cuberta para garantir o éxito da festa independentemente das condicións meteorolóxicas. A organización corre a cargo da Asociación de Veciños.