Corbelle volve celebrar as súas patronais o día 19

A parroquia vilalbesa de Corbelle celebrará o día 19 de marzo as súas festas patronais na honra a San Xosé. As celebracións darán comezo ás 13.00 horas coa celebración da misa maior. Seguirá a sesión vermú a cargo do dúo Los Adrianos para rematar a xornada coa verbena na que estarán de novo Los Adrianos coa orquestra Los Satélites.
Anteriormente estas festas tiñan dous días de celebración pero mentres a situación non se normaliza optouse por facer un só día de festa.
A organización lembra que contarán co campo da festa cuberto para protexerse das inclemencias do tempo.