Corbelle volve celebrar unha sardiñada popular este sábado
TerraChaXa
A festa dará comezo ás 14.30 horas pero necesita inscrición previa

8 Jun 2025
A Asociación de Veciños de Corbelle, en Vilalba, celebrará este sábado, 14 de xuño, un xantar popular con baile na que poderán participar todos os socios e socias.
A cea consistirá nunha sardiñada para a que é preciso anotarse con anterioridade nos teléfonos 696 451 692, 690 795 015 e 636 697 929. O prazo remata este luns, 9 de xuño.
A festa dará comezo ás 14.30 horas.