Córgomo Arte retorna en Burela coa exposición 'Sinapses'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Jan 2020

Córgomo Arte retorna á Mariña Lucense na súa oitava edición cunha exposición que leva por título Sinapses.

A mostra inaugurase o vindeiro sábado 1 de febreiro ás 18.00 horas na Casa de Cultura de Burela e estará aberta ata o 26 de febreiro de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Sinapses pretende reflexionar sobre a dimensión máis social da arte e utilizala como un medio de visibilización dunha terrible realidade do noso tempo como son o Alzhéimer e outras demencias.

Ademáis da participación especial dos 10 usuarios de Afan Burela a mostra conta con obras dos artistas Martín Lestao, Ignacio Castro “Nachok”, Violeta Bernardo, Arturo Ceide, Crystilandia, Patricia Fernández Paz, Brais Fernández Vizcaya, Victorino Núñez “Torino”, Manuel Conde, Cristina Basanta, Lucía Vila, Noé Blanco, Julián Bouza, Pedro Cabarcos, David Catá, Caxigueiro, Celso Dourado, Fátima Fernández, Juanel, Mauro Leivas, Adri Pardo, Alberto Pena e Pilar Rei.

0.15302205085754