Cortan ata o luns a estrada desde Os Paraños ata San Antón da Xestosa en Muras
									TerraChaXa								
			Isto débese á instalación dun paso canadense no acceso á LU-540
 					
					
7 Mar 2025
			
				O Concello de Muras informou que o tramo de estrada entre Os Paraños e o cruce de San Antón da Xestosa permanecerá pechado ao tráfico ata o luns 10 de marzo. O motivo deste corte débese ás obras de instalación dun paso canadense no acceso á LU-540.
As autoridades locais piden desculpas polas molestias que poida causar esta intervención e recomendan planificar os desprazamentos con antelación para evitar contratempos.
