Cortan desde o luns a rúa da Pravia para proceder á súa reparación

TerraChaXa
Actuarase sobre as beirarrúas, as zonas de pedra da estrada que presentan deficiencias ou os pasos de peóns
rua-da-pravia-vilalba
18 May 2025

Este luns, 19 de maio, darán comezo os traballos de reparación na rúa da Pravia que levará a cabo a empresa executora da obra. Isto obrigará a manter a rúa pechada ao tráfico rodado para permitir un axeitado desenvolvemento das actuacións, segundo comunicou o concello.

Tal e como xa explicara o goberno local, as reparacións entran dentro da garantía da obra, que foi executada en tempo e forma, polo que non suporán custos para as arcas municipais.

Nas vindeiras datas, unha vez comezados os traballos, informarase aos veciños e veciñas da evolución das obras.

No referido ás reparacións, actuarase sobre as beirarrúas, as zonas de pedra da estrada que presentan deficiencias, os pasos de peóns e “calquera outra deficiencia que se detecte e sobre a que corresponda actuar”, aseguran dende o goberno local.

⚙ Configurar cookies
0.15858697891235