Cortan por obras a rúa Emigración de Vilalba e as próximas á praza da Constitución

TerraChaXa
Non terán tráfico o luns e o martes para que as tarefas se desenvolvan sen incidencias
obras-rua-emigracion-e-praza-da-constitucion
As zonas afectadas polos cortes
30 Xuño 2024

Este luns, 1 de xullo, e martes, 2 de xullo, a rúa da Emigración e as rúas da contorna da praza da Constitución de Vilalba permanecerán pechadas ao tráfico rodado por mor das obras de rexeneración do firme que se levarán a cabo.

Ás 8.00 horas do luns comezarán os traballos que obrigarán a pechar as rúas ao tráfico e a retirar todos os vehículos estacionados antes das 7.00, para que as tarefas se desenvolvan sen incidencias.

En concreto, as rúas cortadas serán rúa da Emigración, dende a praza da Constitución ata a intersección coa rúa Luis González Valdesuso. Tamén se cortan as travesías que unen a praza Suso Gayoso coa rúa José María Chao Ledo e a que va de rúa José María Chao Ledo a rúa Novo Cazón.

0.076543092727661