Cortan unha estrada en Muras ante o risco de derrubamento dunha ponte

TerraChaXa
Tamén están pechadas as que unen Begonte e Santalla, A Feira do Monte a Muimenta e a de Navia de Suarna ao Alto do Restelo
ponte-muras-derrubamento
28 Jan 2026

A Deputación de Lugo mantén despregado un amplo operativo para dar resposta ás incidencias rexistradas nas vías provinciais como consecuencia da borrasca Joseph.

Durante toda a xornada deste martes os equipos técnicos traballaron para garantir as máximas condicións de seguridade nas estradas afectadas. Nestes momentos, atópanse pechadas catro vías provinciais por asolagamentos e danos derivados do temporal:

  • A LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, á altura do quilómetro 9.
  • A LU-P-0802, de Begonte a Santalla, ao inicio da vía, no cruce coa N-VI.
  • A LU-P-3501, de Navia de Suarna ao Alto do Restelo, pola caída da Ponte de Aceña.
  • E a LU-P-6502, que une Vilalba con Chavín pola Balsa, no concello de Muras, á altura do punto quilométrico 22,8 ante o risco de derrubamento dunha ponte.

Durante este martes, os técnicos rexistraron numerosas incidencias na rede viaria derivadas, principalmente, da caída de árbores e desprendementos. Ademais, a institución provincial está a avaliar os danos da ponte que se derrubou en Navia para poder encargar con urxencia as obras de reparación.

⚙ Configurar cookies
0.076087951660156