Cortes parciais na estrada entre Outeiro e Castro de Rei
As obras que se están realizando na estrada LU-115, que une as localidades de Outeiro de Rei e Castro de Rei, obrigará estes días ao corte dun dos carrís de circulación o que obligará a habilitar o outro carril para dar paso alterantivo.
Estes cortes de tráfico prolongaranse ata o venres 28 cando se espera que rematen as obras.
En total rehabilitaranse once quilómetros de vía entre a N-VI á altura de outeiro de Rei e a LU-113, en Castro de Rei. Os traballos desenvolveranse en todo o percorrido polo que os cortes de tráfico irán cambiando de ubicación ao longo dos días.
As obras consisten fundamentalmente na mellora do firme naqueles puntos nos que presenta maior deterioro, así como na introdución de varios elementos que contribúen a reforzar a seguridade viaria e o mantemento de vía.
En concreto, no termo municipal de Outeiro de Rei, actuouse na intersección da estrada autonómica LU-115 coa nacional VI, con mestura asfáltica nova. Tamén está previsto actuar nas tres glorietas do polígono industrial da localidade, mellorando o firme existente na calzada anular.
Finalmente tamén neste municipio, hai prevista a construción dun paso de peóns sobreelevado tal e como solicitara o BNG en numerosas ocasións como medida para limitar a velocidade de paso de vehículos na travesía e garantir a seguridade dos viandantes. De xeito complementario procederase ao reforzo da sinalización vertical.
Xa no termo municipal de Castro de Rei, as obras concentraranse no treito urbano que sirve de acceso a Castro Ribeiras de Lea e consistirán na mellora do firme, unha actuación que tamén está prevista en varios puntos xunto ao polígono industrial da localidade. As obras inclúen a execución dun paso de peóns e o reforzo da sinalización vertical, que mellorarán sensiblemente o estado deste percorrido.