Cospeito lembra a Darío Xohán Cabana nun auditorio cheo
Cospeito honrou a figura de Darío Xohán Cabana nun acto homenaxe organizado pola Asociación veciñal A Pena na Casa da Cultura de Feira do Monte no Concello de Cospeito na que case se encheu o auditorio, xa que asistiron unhas 170 persoas.
Nado en Roás, Cospeito, en 1952, era unha das figuras fundamentais da literatura galega das últimas décadas. Poeta, narrador, ensaísta tradutor e académico da Real Academia Galega RAG, Darío Xohán Cabana era unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas cun fondo compromiso coa lingua e a identidade cultural galega.
Son de Corda ofreceu un concerto inesquecible e foi moi emocionante a intervención de Alexandra Cabana e o recital das alumnas do colexio Virxe do Monte de Cospeito e do instituto Basanta Silva de Vilalba, que tamén foi moi aplaudido.