Cospeito acolle diferentes actividades para o mes de agosto e setembro
TerraChaXa
O Concello de Cospeito acolle diferentes actividades para o mes de agosto e setembro dentro da programación de Cultura no Camiño.
12 Ago 2021
O Concello de Cospeito acolle diferentes actividades para o mes de agosto e setembro dentro da programación de Cultura no Camiño.
Aínda que xa comezou o xoves 5 con pasarrúas e un espectáculo de Brassica Rapa, seguirá o venres 13 con dúas actuacións do Mago Antón, ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas na praza do Concello de Feira do Monte, e na praza Maior de Muimenta ás 18.00, 19.00 e 20.00 horas.
Xa o domingo 15 de agosto haberá pasaarrúas e unha actuación de Carapaus na Feira do Monte ás 12.00 horas, e o domingo 19 de setembro será a quenda dos Contacontos e despois unha actuación teatral de Bandullo Azul ás 12.00 horas na piscina municipa de Feira do Monte.