Cospeito acolle este xoves un curso sobre o programa Iberconejo

TerraChaXa
Será pola tarde no Museo das Aves
temada-de-caza-cazador
Cazadores
17 Xul 2024

O Museo das Aves de Cospeito acollerá este xoves, 18 de xullo, un curso sobre sector cinexético, co título Life Iberconejo dirixido a cazadores e técnicos da Federación Galega de Caza.

No curso vaise falar principalmente de perdiz e codorniz, de estratexias de repoboación, de censos de tódalas especies e a importancia que ten isto no futuro da caza, "xa que vai ser clave para poder defendernos legalmente contra os anticaza cando nos ataquen, sen datos estamos derrotados seguro", explican desde a organización.

O curso está aberto a toda a poboación e dará comezo ás 17.45 e rematará cunha cea gratuíta.

As persoas que desexen asistir deberán comunicalo a Jesús no 671 147 112.

0.13229203224182