Cospeito acollerá a III Gala Benéfica dos Asubiíños en apoio a ASANOG o 12 de decembro

TerraChaXa
O programa musical contará con actuacións destacadas, entre elas a da artista galega Pili Pampín e o dúo Escuchando Elefantes
gala-benefica-os-asubiinos-cospeito
9 Dec 2025

A localidade de Cospeito prepárase para celebrar este venres 12 de decembro a III Gala Benéfica dos Asubiíños, unha cita solidaria cuxos fondos irán destinados a ASANOG, a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia. O evento terá lugar na pista descuberta do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, acondicionada cunha carpa e diferentes puntos de calor para garantir a comodidade do público. A apertura de portas será ás 20.00 horas e a gala comezará ás 20.30.

O programa musical contará con actuacións destacadas, entre elas a da artista galega Pili Pampín e o dúo Escuchando Elefantes, ademais de Montedapena, Bras, Rodrigo e Beteluma. Os presentadores da noite serán David Valverde, David Vilares e Beatriz Serén, que conducirán unha gala pensada para reunir á veciñanza arredor da música e da solidariedade. O donativo de entrada é de cinco euros, que se destinarán integramente ao apoio ás familias e aos nenos afectados por enfermidades oncolóxicas.

A iniciativa consolídase así como unha das citas solidarias máis destacadas da comarca, reunindo cada ano a centos de persoas comprometidas co apoio ao labor social de ASANOG.

⚙ Configurar cookies
0.07508397102356