Cospeito acollerá este luns a unidade móbil da Policía para a expedición de DNI e pasaportes

TerraChaXa
Para poder acceder ao servizo será imprescindible solicitar cita previa, ben presencialmente nas oficinas do Concello de Cospeito ou chamando ao teléfono 982 520 001
dni-mobil
28 Jan 2026

O equipo móbil da Policía Nacional visita Cospeito este luns para a expedición de documentación oficial, grazas á posta en funcionamento do novo sistema de tramitación a través dos vehículos integrais de documentación (VIDOC). Este servizo permitirá realizar no propio municipio tanto a expedición do DNI electrónico como a dos pasaportes, facilitando así o acceso da veciñanza a estes trámites administrativos.

A unidade móbil desprazarase a Cospeito o 2 de febreiro de 2026 e estará situada na Praza da Feira, na Feira do Monte. Para poder acceder ao servizo será imprescindible solicitar cita previa, ben presencialmente nas oficinas do Concello de Cospeito ou chamando ao teléfono 982 520 001.

Desde o Concello lembran que na páxina web www.dnielectronico.es pódese consultar toda a información relativa aos trámites que se poden realizar e á documentación necesaria. Para calquera outra aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Cospeito, de luns a venres, en horario de 09:00 a 15:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.078625917434692