O gañador do concurso, que será elixido por un xurado conformado por polo menos tres facultativos, levará 180 euros; o segundo clasificado, 150; o terceiro, 120, e o cuarto, 90. Tamén haberá premios en metálico de 40 euros para os cinco seguintes clasificados.
A organización sorterá unha parella de porquiños e entregaranse agasallos a todos os gandeiros. Tamén estarán no pavillón do recinto feiral proveedores de produtos típicos do porco e produtos galegos de calidade.
A parte agricola combinarase cun festival de música rexional, que comezará cun percorrido polos bares e que concluirá cunha actuación no pavillón. Este espectáculo servirá de antesala a outro festival, neste caso de música coral, que se desenvolverá a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura. Nel subiranse ao escenario a Coral Amistade da asociación de veciños Couto de Narón, a Coral Estrelas do Mar de Cedeira e a anfitrioa, a Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte de Cospeito.