Cospeito celebra este venres o seu Entroido

TerraChaXa
O Concello de Cospeito celeberá este venres 1 de marzo a súa festa de entroido, que dará comezo ás 17.
Captura de pantalla 2019 02 26 a las 16.39.39
27 Feb 2019

O Concello de Cospeito celeberá este venres 1 de marzo a súa festa de entroido, que dará comezo ás 17.00 horas para os nenos e ás 22.00 horas para os adultos.

A festa terá lugar no pavillón dos deportes e contará con animación musical, karaoke e diferentes actividades.

A festa de entroido dirixida aos nenos abarcará a todos aqueles que teñan como moito 14 anos. Haberá un concurso de disfraces con premios que oscilarán entre os 30 e os 100 euros para individual, parella e comparsas. Os que asistan á festa infantil terá chocolate con churros de merenda.

En adultos tamén haberá concurso de disfraces coas mesmas categorías pero con premios máis cuestiosos que irán dende os 50 euros ata os 240. Ademais sortearase unha cesta típica de entroido entre os pariticpantes. Como colofón, a partir das 22.00 horas atuará o Dúo Estrellas.

Captura de pantalla 2019 02 26 a las 16.38.22
0.17333698272705