Cospeito celebra mañá o acto central de repulsa contra a violencia de xénero

TerraChaXa
A través da Campaña Cospeito en Negro o concello celebra mañá, vernes, o acto central dunha iniciativa coa que busca a concienciación contra a violencia de xénero.
22 Nov 2018

A través da Campaña Cospeito en Negro o concello celebra mañá, vernes, o acto central dunha iniciativa coa que busca a concienciación contra a violencia de xénero. Cospeito sumouse á Campaña En Negro Contra as Violencias Machistas na que partipan máis de cen establecementos comerciais entidades e asociacións do concello que vestiron de loito os escaparates, maniquíes, mesas de restaurantes e bares e ao propio persoal traballador en sinal de repulsa por todas aquelas mulleres que sofren ou faleceron por mor da violencia machista.

A iniciativa rematará o 25 de novembro, domingo pero este venres na sede do concello celebrarase ás 12.00 horas un acto, simultáneo conxuntamente cos outros 102 concellos de Galicia adheridos á campaña, no que participarán alumnos dos centros educativos do  concello que levarán a cabo unha acción de concienciación. O acto rematará coa lectura dun manifesto e a posterior Andaina Contra a Violencia de Xénero polo entorno da Lagoa de Cospeito na que vos animanos a participar a todos/as.

0.080482006072998